O novo PXOM de Narón permanece a exposición pública ata o 16 de agosto

A corporación local de Narón aprobou por unanimidade nunha sesión plenaria celebrada a pasada semana con carácter extraordinario a ampliación do prazo de exposición pública do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Narón.

As persoas interesadas poderán asistir á terceira planta do Concello con cita previa e coas referencias catastrais das parcelas obxecto de consulta, no horario que se lles indicará no momento de conceder esa cita previa, de mañá ou de tarde.

A cita poderá solicitarse a través dos números de teléfono 981 337 700 (extensión 1602 e 1610); 671 013 023 ou 607 461 154 e tamén por correo electrónico, na dirección: edificabilidade@naron.gal.

O prazo de presentación de alegacións ao documento, cuxos trámites están publicados na Sede Electrónica do Concello de Narón, así como un modelo de alegación para cumplimentar, rematará o mesmo 16 de agosto.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle un espectáculo de danza e música tradicional

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado 30, ás 20:00 horas, un espectáculo …