Curso en Narón de Operador de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP

O Concello abre este luns 15 o plazo de inscripcións, que se poderán tramitar ata o 19 de xullo ás 13.00 horas.

A concellería de Formación, dirixida pola concelleira Natalia Hermida, convoca dúas novas edicións dun curso de Operador de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP con certificación UNE. O Concello abre este luns 15 o plazo de inscripcións.

A convocatoria forma parte do Programa Municipal de Formación do Concello de Narón e diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello, se ben poderán inscribirse persoas tamén maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas noutros concellos que accederán á acción formativa no caso de que non se cubran as prazas coas empadroadas en Narón.

A concelleira avanzou que se convocan un total de dúas edicións, con 10 prazas en cada unha delas e explicou que as inscricións se poderán tramitar ata o 19 de xullo ás 13.00 horas.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Cada curso consta dun total de 50 horas (35 de certificación e 15 de módulos adicionais) e impartiranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As datas previstas de celebración son: do 29 de xullo ao 12 de agosto (as dúas edicións), luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas a primeira edición e de 15:00 a 20:00 horas a segunda.

Operador de carretilla elevadora UNE 58451, operador plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP) UNE 58923, módulos transversais de sensibilización ambiental, de TICs no sector, orientación laboral e busca de emprego ou emprendemento e de perspectiva de xénero forman parte do contido destas accións formativas, que inclúen a maiores dúas charlas e dúas visitas.

O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición e o listado provisional de admitidos, suplentes e excluídos publicarase na Sede Electrónica do Concello de Narón. O alumnado seleccionado será informado telefónicamente da súa admisión, para a confirmación da plaza e terá que comprometerse a cumprir as normas do curso, incluída a normativa en materia de seguridade e hixiene.

Para recibir máis información pódese consultar a páxina web do Concello, apartado de Formación, a Sede Electrónica, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

Lea también

72 persoas participan en Narón nos obradoiros do proxecto municipal aCLIMAtarnos

A Casa da Mocidade acolleu o primeiro dos obradoiros do proxecto “aCLIMAtarnos”, sobre concienciación ambiental …