Campaña informativa en Narón sobre reciclaxe de residuos orgánicos

A campaña informativa “Ti tes a chave” sobre o programa de reciclaxe de residuos orgánicos continuará este venres en Narón. Así o recordou o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Manuel Ramos, indicando que a carpa informativa se ubicará nas inmediacións do novo centro de saúde en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas.

O edil naronés avanzou ademais que o vindeiro venres, día 19, o persoal da carpa atenderá á veciñanza na zona do paseo de Xuvia, tamén en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas.

Dende o Consistorio recordouse que as persoas que acudan ao posto informativo interesadas en participar na campaña recibirán o kit de benvida, que consiste nun colector marrón de dez litros para uso doméstico, un lote de bolsas de compostaxe para os primeiros usos e a chave do colector marrón.

Neste último deben depositarse restos de carne e peixe, cunhas de marisco ou froitos secos, de pan, café, tapóns de cortiza, restos de verduras e froitas…en definitiva, calquera resto orgánico. Máis de medio milleiro de veciñas e veciños de Narón están xa dadas de alta nesta campaña, deseñada para contribuír a incrementar a reciclaxe de residuos orgánicos.

Lea también

O alumeado de Nadal en Narón acenderase este xoves

A concelleira de Festas, Mar Gómez, anunciou que o tradicional acto de acendido do alumeado …