Obradoiros de capacitación dixital para a detección de violencias sexuais

Cunha duración mínima de 2 horas, os contidos e metodoloxía de cada obradoiro están adaptados ás necesidades específicas de cada grupo, propiciando a participación activa.

Este venres 5 comeza en Val do Dubra, na asociación AVANTE, o primeiro dos obradoiros para a detección de violencias sexuais, impulsados pola área de igualdade da Deputación da Coruña, que se desenvolverán en 10 centros de atención a persoas con discapacidade da provincia da Coruña. A partir do citado venres espallaranse polos concellos de Noia, Cee, Narón, Ortigueira, Oleiros, Ames, Boiro, Betanzos e Boimorto.

Cada taller terá unha duración mínima de 2 horas e os contidos e metodoloxía estarán adaptados ás necesidades específicas de cada grupo, propiciando a participación activa das persoas usuarias.

Durante as sesións abordaranse contidos para a identificación e prevención das violencias dixitais, achegándonos a conceptos como a vixilancia, o control, o ciberacoso ou a sextorsión. De xeito transversal tamén se aproximarán á importancia da seguridade e do bo uso da tecnoloxía para cuestións básicas da vida cotiá.

Fuente Diputación de A Coruña

Os talleres están enfocados dende a perspectiva da redución de danos e diminución de riscos. Achegarase información sobre posibles ameazas do mundo virtual, como pode ser a perda de control da propia imaxe, pero tamén abordarán cuestións en positivo sobre como facer un bo uso das novas tecnoloxías para o auto coidado. Farase fincapé na importancia de pedir axuda cando sexa necesario e de ter coñecementos sobre que tipo de actos son delitivos para saber identificalos.

Os obradoiros están impartidos por Verónica Ramilo Graña, traballadora social, sexóloga e fotógrafa que colabora en proxectos especializados en sexualidade e diversidade intelectual.

Próximos obradoiros

Os obradoiros terán lugar nas seguintes datas:

5 de xullo: AVANTE (Val do Dubra)

8 de xullo: Asociación Misela (Noia)

9 de xullo: AMARAI (Boimorto)

11 de xullo: ASPADEX (Cee)

16 de xullo: Asociación Nuestra Señora de Chamorro (Narón)

18 de xullo: ASPROMOR (Ortigueira)

19 de xullo: ASPADISOL (Oleiros)

Datas por confirmar: entidades de Ames, Boiro e Betanzos

Lea también

Trabajadores de Lugove se concentran en Vigo ante las condiciones «precarias» que padecen

Decenas de trabajadores de Lugove, concesionaria del servicio gallego de transporte público interurbano en el …