A Bibliodiscoteca de María Faltri desembarca en Ares para o disfrute dos máis pequenos

A Praza da Constitución de Ares acollerá o próximo luns, 1 de xullo, ás 20:00 horas un espectáculo que aglutina música e libros: a artista María Faltri achegarase á vila para facer realidade a súa Bibliodiscoteca, a modo de pinchadiscos con música infantil.

Con ampla experiencia no mundo da animación cultural, María Faltri achegará aos nenos e nenas unha selección das mellores composicións infantís galegas, facendo que o baile e o xogo estean sempre presentes no seu espectáculo. E non deixarán de agromar libros da súa biblioteca ambulante, dándolle máis orixinalidade e sorpresa á actuación. Fará que a literatura camiñe da man da música e a diversión.

O evento, organizado pola Concellaría de Cultura de Ares, conta co apoio da Xunta de Galicia e inscríbese no programa de dinamización lingüística FalaRedes.

Lea también

Apertura das inscricións para a terceira ruta SendAres 2024-2025

A concellaría de Deportes vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da …