Pontedeume saca a licitación a nova fase da renovación de abastecemento de Nogueirosa

O Concello de Pontedeume sacou a licitación unha nova fase da renovación de tubaxes na rede xeral de abastecemento de auga potable ao seu paso por Nogueirosa.

O investimento é de case 100.000 euros e o prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas interesadas en realizar os traballos remata o 11 de xullo.

“A actuación consiste na substitución da tubería de fibrocemento de 250 milímetros de diámetro por unha tubería de fundición cun diámetro de 350 milímetros”, explica Daniel Ríos, concelleiro de Urbanismo.

O Concello de Pontedeume leva investidos desde 2015 na renovación e mellora da rede de abastecemento de auga preto de dous millóns de euros a través de recursos propios e fondos da Diputación da Coruña.

Lea también

La foodtruck de Galicia Sabe Amar visita Neda para ofrecer al público degustaciones gratuitas

La campaña Galicia Sabe Amar regresa a Neda, y una de sus foodtrucks permanecerá este …