Últimas prazas en Narón para participar no programa “Vémonos”

Os rapaces de Narón nadas entre 2007 e 2011 que desexen participar no programa “Vémonos” dispoñen aínda dalgunhas vacantes para poder anotarse. Así o indicou o edil de Mocidade, Ibán Santalla, que recordou que se trata dunha proposta que se levará a cabo na Casa da Mocidade do 8 ao 13 de xullo, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.

Os menores participantes realizarán durante eses días unha gran variedade de actividades, como escape room, laser tag, karaoke e tamén terán saídas para practicar caiac e mesmo unha o 12 de xullo, na que se ampliará o horario de saída pola tarde, para desfrutar dunha xornada no Aquapark de Cerceda. Haberá tamén xogos cooperativos, un obradoiro LGTBIQ+, gincanas…

As inscricións permanecerán abertas ata o día 26 deste mes ás 13:00 horas, podendo tramitalas no Rexistro municipal, dende as 8:30 horas, e na Sede Electrónica de Narón, tendo preferencia os menores empadroados en Narón.

Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1108, 1109 e 1111).

O programa está subvencionado polo Ministerio de Igualdade, no marco do programa Plan Corresponsables no ámbito local.

Lea también

Club Arco Narón anuncia un cambio de monitor

Club Arco Narón comunica «nuestro compañero Eduardo Ponce cesa en sus funciones de monitor auxiliar …