A Banda Infantil Sementeira e Xove Banda de Narón realizan un ensaio didáctico

A praza da Gándara acolle este sábado 22 un ensaio didáctico da Banda Infantil Sementeira e a Xove Banda de Narón.

A actividade, que dará comezo ás 12:00 horas, enmárcase nunha iniciativa encamiñada a sacar as bandas á rúa, descentralizando as propostas culturais na cidade e achegándoas ós veciños.

A Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón está formada por unha Escola de Música e tres agrupacións musicais: a Xove Banda de Narón, a Banda Infantil Sementeira e A Banda do Garaxe, integradas todas elas por mozos de Narón e doutros concellos da comarca.

Dende o Concello naronés convidan á cidadanía a acudir a ver aos integrantes de ambas formacións musicais, acompañándoos no seu ensaio e desfrutando coa súa música.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …