“European Rallyslot Legends 2024 Cidade de Narón”

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, Miguel Riveira e Chema Escudero, presidente e secretario respectivamente do Scalextric Club Ferrolterra, presentaron este xoves 20 o “Europenan Rallyslot Legends 2024 Cidade de Narón” que se celebrará este sábado día 22, no pavillón municipal de Sedes.

A convocatoria, segundo indicaron, reunirá a medio cento de participantes chegados de diferentes puntos de Galicia, Asturias e tamén de Portugal, así como un convidado de Mexico.

Dende o Scalextric Club Ferrolterra explicaron que se realizarán un total de catro etapas, con 24 tramos. Das seis probas de que consta o rally esta é a cuarta que se celebra, quedando aínda pendentes as programadas nas Rías Baixas e en Portugal.

As verificacións dos coches realizaranse pola mañá, ás 9:00 e ás 10:00 horas sairá o primeiro vehículo. Disputaranse os premios en catro sección, dúas pola maña de seis tramos cada unha e outras tantas pola tarde, tal e como indicaron dende o club. Pola tarde a competición retomarase ás 15:30 horas.

Os coches realizarán un percorrido en seis pistas independentes pechadas e cronometraranse os tempos de cada un. Disputaranse as categorías Grupo B, Grupo 4 e Grupo 2 e haberá un trofeo máster e outro infantil.

Dende o Scalextric Club Ferrolterra agradeceron a colaboración do Concello de Narón neste evento, que se celebra por terceiro ano. Pola súa banda, o edil de Deportes, animou ós veciños a acudir a esta convocatoria “co fin de desfrutar dunha xornada na que se misturarán a competición e o automobilismo en miniatura”.

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en la segunda edición del Torneo ‘Escolas Indoor’

En jornada matinal de este pasado domingo se celebró en el pavillón da Mocidade de …