Cerdido mellora o camiño que une Piñeiro e Vila da Igrexa

O Concello de Cerdido vén de rematar as obras de mellora do camiño que une os lugares de Piñeiro e Vila da Igrexa. O orzamento da execución ascendeu ata os 58.184 euros, que forman parte do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

O proxecto contemplaba a actuación sobre a capa de rodaxe da vía, que conta cunhas dimensións de 850 metros de lonxitude e 5 metros de ancho. A superficie cubriuse con aglomerado en quente, previa reparación das fochancas e mordentes con grava e tratamento asfáltico. A obra completouse coa limpeza das gabias e salvagavias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.

A realización desta actuación perseguía a mellora dunha infraestrutura básica en favor dos veciños e veciñas do municipio de Cerdido, co obxectivo de facilitar o transporte e garantir a seguridade vial.

O alcalde, Alberto Rey, indicou que “con estas actuacións melloramos as infraestruturas básicas do noso Concello, mellorando a vida dos nosos veciños e veciñas”. O rexedor subliñou “a importancia de ter unhas boas conexións entre os distintos núcleos rurais nun concello como Cerdido para facilitar os desprazamentos do día a día”.

Lea también

Valdoviño refuerza el control sobre el agua para combatir la situación de prealerta por sequía

Mantiene una reunión de trabajo con Veolia en la que acuerda intensificar la campaña de …