Últimas prazas en Narón para inscribirse nunha recolleita de herbas de San Xoán

Os nenos de entre 6 e 12 anos que queiran participar nunha recolleita de herbas de San Xoán este domingo 23, dispoñen aínda dalgunha vacante para anotarse. Así o recordou a concelleira de Política Lingüística do Concello de Narón, María Lorenzo, que indicou que se trata dunha proposta organizada a través do programa municipal Guizo que se celebrará nas inmediacións do parque de Freixeiro a partir das 10:30 horas.

Durante aproximadamente tres horas os menores, un máximo de 15 e que deberán ir acompañados dunha persoa adulta, coñecerán as tradicións asociadas a estas herbas e tamén os diferentes usos tradicionais de cada unha delas.

O programa Guizo continúa desenvolvéndose na cidade con actividades para coidar a natureza e a lingua. É un proxecto para nenos de 6 a 12 anos e as súas familias. As inscricións deben realizarse a través do correo electrónico: a.pita@naron.gal, indicando o nome da actividade, o nome e idade da nena ou neno, o nome do pai/nai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.

Para máis información pódese consultar a web: www.naronengalego.gal, no apartado de actividades.

Lea también

Os bombeiros do SPEIS de Narón recibiron formación sobre cisternas de GNL

Os Bombeiros de Narón recibiron esta semana unha formación sobre cisternas de GNL (gas natural …