Sesións de pilates en Narón, nos parques de Xuvia e Freixeiro

O Concello de Narón programa un ano máis, a través do Padroado de Deportes, sesións de pilates ao aire libre dirixidas a persoas maiores de 16 anos. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, que aexplicou que as sesión se desenvolverán nos parques de Freixeiro e Xuvia sempre e cando se reúnan grupos de un mínimo de sete participantes.

As sesións no parque de Freixeiro terán lugar os luns e os mércores de 9:00 a 10:00 horas e de 10:00 a 11:00 e no parque de Xuvia serán os martes e xoves, tamén neses mesmos horarios. Santalla indicou que o máximo por cada grupo será de 15 participantes, que deberán aportar o material preciso; colchoneta, esterilla e toalla.

O edil naronés informou que o prezo é de 13,05 euros por persoa para todo o mes e que en caso de choiva a actividade se trasladará ao polideportivo da Gándara.

Santalla incidiu en que a cobertura do seguro de accidentes para a actividade cubre a usuarios e usuarias ata 69 anos, tal e como indicaron dend a empresa aseguradora, se ben poderán acudir á actividade maiores desa idade baixo a súa responsabilidade e coberturas sanitarias propias.

As preinscricións poden facerse dende este luns 17 ata o vindeiro 21 deste mes, de luns a venres, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 2505, 2512 e 2503) en horario de 8:30 a 13:00 horas.

Santalla animou á cidadanía a inscribirse nesta actividade “programada ao aire libre e co fin de promover estilos de vida saudables”.

Lea también

Herida una animadora del tren navideño de Narón al caer del vehículo en marcha

La joven, que realizaba labores de animación caracterizada como «elfa», fue trasladada a un centro …