O Teatro Colón acolle a gran festa do teatro escolar e afeccionado da provincia

Un ateigado Teatro Colón da Coruña acolleu a noite do venres a gala de clausura e entrega de premios da XXV edición do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

Fuente Diputación de A Coruña Certame de Teatro Escolar e Afeccionado

Nesta edición, coa que o evento cultural alcanzaba o cuarto de século de historia,  foron 69 as obras representadas por preto de 1.000 actores e actrices de todas as idades, desde a categoría de benxamíns á sénior.

Así, ao longo dos últimos tres meses, as táboas do teatro do IES Rosalía Mera foron a sede dun amplísimo programa, culminado coa gran festa deste venres, que puxo o peche final e o reparto de galardóns este ano.

Fuente Diputación de A Coruña Certame de Teatro Escolar e Afeccionado

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que presidiu a entrega de premios, destacou “os vintecinco anos de traxectoria” e o “carácter interxeneracional” do festival, “que reúne a actores e actrices de entre 6 e 90 anos entorno a unha paixón común, a do teatro, para a que non existen fronteiras non idades”.

Fuente Diputación de A Coruña Certame de Teatro Escolar e Afeccionado

Formoso destacou tamén “a gran canteira de actores e actrices que temos nos colexios” e “o importante traballo que hai detrás de cada unha das obras: elaboración de guións, vestiario e horas e horas de ensaio ata perfeccionar as representacións e levalas ao público que durante dous meses gozou no IES Rosalía Mera do mellor teatro”.

O Premio de Honra foi para Adela Pastoriza Ramos, en nome de todo o xurado que colaborou no certame ao longo destes 25 anos. As principais obras premiadas foron “As Lorax”, da Escola Galega de Teatro Musical (Benxamín); “Edipo El Tebano”, da Compañía Atticus do CEIP Tarrío (Infantil); “A Tempo, O Tempo, Julio e Os Conway”, da Escola Galega de Teatro Musical (Cadete); “El Perro del Hortelano”, de Cía Noite Bohemia (Xuvenil); e “Antígona”, de Corzo Producciones (Sénior).

Tamén se repartiron recoñecementos en cada unha das categorías á mellor actuación de reparto, á mellor dirección e á mellor actuación. En sénior, estes premios foron para Verónica Peiteado Brea (“Company”), Jesús Ricardo Martín Fernández (“Antígona”) e Nacho Rodríguez Varela (“Antígona”).

Fuente Diputación de A Coruña Certame de Teatro Escolar e Afeccionado
Fuente Diputación de A Coruña Certame de Teatro Escolar e Afeccionado

Premios da XXV edición do certame de teatro escolar e afeccionado da Deputación de A Coruña

Do premio de honra

ADELA PASTORIZA RAMOS (En nome de todo o xurado que colaborou co certame ao longo das 25 edicións)

Mellor actuación de reparto

CATEGORÍA BENXAMÍN: Verónica e Cecilia García Bascuas por As Lorax

CATEGORÍA INFANTIL: Celia Lois Grandío por Edipo El Tebano

CATEGORÍA CADETE: Carmen Vilar Fariña por Clásicos O Algo Así

CATEGORÍA XUVENIL: María Tizón Rodríguez por Hasta Luego, Mari Carmen

CATEGORÍA SENIOR: Verónica Peiteado Brea por Company

Fuente Diputación de A Coruña Certame de Teatro Escolar e Afeccionado

Mellor dirección

CATEGORÍA BENXAMÍN: Sara Fandiño e Celia Castro por As Lorax

CATEGORÍA INFANTIL: David Poncela Castelo por Edipo El Tebano

CATEGORÍA CADETE: Sara Fandiño E Laura Duarte por ¨Four¨ Ou «Five»

CATEGORÍA XUVENIL: Javier Fernández Mariño por El Perro Del Hortelano

CATEGORÍA SENIOR: Jesús Ricardo Martín Fernández por Antígona

Fuente Diputación de A Coruña Certame de Teatro Escolar e Afeccionado

Mellor Actuación

CATEGORÍA BENXAMÍN: Valeria Guerra Braña por As Lorax

CATEGORÍA INFANTIL: Rodrigo Martínez Rilo por Edipo El Tebano

CATEGORÍA CADETE: Emma María Sterjo Martínez De Osaba por Bodas De Sangre

CATEGORÍA XUVENIL: María Borrazás Rumbo por Hasta Luego, Mari Carmen

CATEGORÍA SENIOR: Nacho Rodríguez Varela por Antígona

Mellor obra benxamín

5º PREMIO: Cuéntame Un Cuento (Activa CEIP Eusebio da Guarda 1 y 2 EP)

4º PREMIO: Atrapa Palabras (Activa CEIP Eusebio da Guarda Ed. Infantil)

3º PREMIO: «El Maquinista No Quiere Trabajar» (Faragullas – CEIP Ponte dos Brozos)

2º PREMIO: Va De Piratas (CPR Liceo La Paz)

 PREMIO: As Lorax (Escola Galega de Teatro Musical – Compañía Benxamín)

Mellor obra infantil

5º PREMIO: ¨Un Ensayo De Sangre Real¨ (Patacón – Escola de Teatro Melandrainas)

4º PREMIO: Pikolo (CPR Liceo La Paz)

3º PREMIO: Una Historia De Ángeles Y Demonios (CPR Liceo La Paz)

2º PREMIO: El Príncipe Que Lo Aprendió Todo De Los Libros (Cía Noite Bohemia – Noitiña)

 PREMIO: Edipo El Tebano (Compañía Aticus do CEIP Tarrío)

Mellor obra cadete

 PREMIO: Clásicos O Algo Así (CPR Liceo La Paz)

4º PREMIO: As Do Peixe (CPR Liceo La Paz)

3º PREMIO: Bodas De Sangre (Cía Noite Bohemia – Abrente)

2º PREMIO: ¨Four¨ Ou «Five» (EGTM – Colexio Santo Domingo (secundaria))

1º PREMIO: A Tempo, O Tempo, Julio E Os Conway (Escola Galega de Teatro Musical – Compañía Cadete)

Mellor obra xuvenil

5º PREMIO: El Sorteo De Cásina (Cía Noite Bohemia)

 PREMIO: ¨Entre A De Azul E Gris¨ (ES3HA2 – Escola de Teatro Melandrainas)

3º PREMIO: Hasta Luego, Mari Carmen (Cajón De Sastre)

2º PREMIO: Edipo Rey (Cía Noite Bohemia)

1º PREMIO: El Perro Del Hortelano (Cía Noite Bohemia)

Mellor obra senior

5º PREMIO: Mostellaria (Corzo Producciones)

 PREMIO: Melocotón En Almíbar (M. Mihura) (Teatro Artesán)

3º PREMIO: El Corregidor Corregido (Grupo Teatro Sénior Espazo+60 Afundación Coruña)

2º PREMIO: Troyanas (Noite Bohemia – Eclipse)

 PREMIO: Antígona (Corzo Producciones)

Galería fotográfica

Lea también

Pontedeume celebra o XIV Feirón Medieval dos Andrade

O Concello de Pontedeume presenta a programación completa dunha nova edición do seu tradicional Ferión …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *