Celebración en Narón do San Xoán cunha churrascada-sardiñada e un concerto

A parroquia de San Xiao celebrará o vindeiro 22 de xuño a tradicional churrascada e sardiñada organizada dende o Padroado da Cultura e a AVV “Ceibe” con motivo do San Xoán.

A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, presentou este luns 10 os actos acompañada de Luis Doce, vicepresidente da citada entidade veciñal.

Ferreiro destacou que a cita contará cun apartado musical que pechará co concerto da cantautora galega María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés. A programación da xornada, que se desenvolverá nas inmediacións do Centro Cívico Social de San Xiao, dará comezo ás 19:00 horas, con xogos tradicionais, populares e inchables para os nenos.

O apartado gastronómico dará comezo ás 21:00 horas, coa sardiñada e churrascada popular, na que se servirá churrasco, criollo, pan e bebidas a un prezo de 15 euros para os socios da AVV “Ceibe” e de 18 para o resto de asistentes, e tamén sardiñas, tres unidades por dous euros. Serviranse unhas cincocentas racións, tal e como indicaron dende a entidade veciñal.

Ademais informaron que a persoa que se faga socia ese día pagará o prezo dos socios e indicaron tamén que os tickets se poden adquirir dende o citado luns no Centro Cívico Social de San Xiao, en horario de 19:30 a 21:00 horas.

A música dará comezo ás 21:00 horas, amenizando a xornada gastronómica a música tradicional da charanga Alxibeira e ás 22:00 horas dará comezo o concerto de música tradicional de Sés, que interpretará varios temas do seu repertorio.

Lea también

Club Arco Narón obtiene excelentes resultados en el Trofeo Federación Galega indoor

El pasado fin de semana se celebró en O Barco de Valdeorras (OU) el Trofeo …