Arrincou motores a XVII Concentración Moteira Cidade de Narón

Foto G. Artabra

O Concello e o Moto club Fojeteiros organizan unha nova edición da Concentración Moteira Cidade de Narón e XII Xornadas de Turismo Activo, que se desenvolverá durante toda a fin de semana e que inclúe unha ampla programación con exhibicións de trial,  música, saídas turísticas en moto, almorzos, comidas e ceas no Paseo marítimo de Xuvia,

Foto G. Artabra

A programación da xornada inclúe esta noite, a partir das 23:30 horas, o desfile dos fachos de Narón, no que os moteiros e moteiras, percorrerán a estrada de Castela, entre Xuvia e a ponte das Cabras, iluminados polos fachos que portarán no percorrido os participantes e o público asistente. A ruta estará videovixiada para que se cumpran todas as medidas de seguridade.

Foto G. Artabra

 

 

 

Lea también

Se impulsa o proxecto de arte urbana participativa “Narón a toda cor”

O Concello de Narón presentou este xoves o proxecto “Narón a toda cor”, unha iniciativa …