Conferencia participativa en Narón sobre a prevención do deterioro da saúde mental

A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, avanzou que o vindeiro venres 7 de xuño, terá lugar no local social do Alto do Castiñeiro unha conferencia participativa de reflexións sobre ocupación e saúde mental.

“Por qué e para qué nos levantamos pola mañá?” é o título desta conferencia, organizada polo Concello e que se desenvolverá dende as 19:00 ata as 20:30 horas. A encargada de impartir a charla será Nuria García, terapeuta ocupacional do hospital de día de psiquiatría na Área Sanitaria de Ferrol. A ponente coordina grupos e proxectos de participación colectiva e tamén imparte clases na Universidade da Coruña.

A iniciativa enmárcase no obradoiro Encontros de Mulleres e ten entre os seus obxectivos a prevención do deterioro da saúde mental. A convocatoria está aberta á participación da cidadanía en xeral, ata completar a capacidade do local.

Lea también

El gimnasio Benygym de Narón brilla en el Open Nacional ISKA de Bilbao de Kickboxing

El gimnasio Benygym de Narón volvió a demostrar el excelente nivel de sus competidores tras …