Axenda en Narón do 31 de maio ao 2 de xuño

Venres 31 de maio de 2024

Actividade: XVII Concentración Moteira Cidade de Narón e XII Xornadas de Turismo Activo Hora: Dende as 18:00 Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

O Concello e o Moto club Fojeteiros organizan unha nova edición deste evento, que se desenvolverá durante toda a fin de semana e que inclúe unha ampla programación con exhibicións de trial,  música, saídas turísticas en moto, almorzos, comidas e ceas.

Sábado 1 de xuño de 2024

Actividade: XVII Concentración Moteira Cidade de Narón e XII Xornadas de Turismo Activo Hora: Dende as 09:00 e pola tarde dende as 17:30 horas Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

A programación da xornada inclúe esta noite, a partir das 23:30 horas, o desfile dos fachos de Narón, no que os moteiros e moteiras, percorrerán a estrada de Castela, entre Xuvia e a ponte das Cabras, iluminados polos fachos que portarán no percorrido os participantes e o público asistente. A ruta estará videovixiada para que se cumpran todas as medidas de seguridade.

Actividade: Festival musical en Pedroso Hora: 17:30 Lugar: Centro Cívico Social

O Concello organiza este festival, no que actuarán dous coros municipais, o Coro da Capo e o Peque Coro Solidarium. A entrada é libre ata completar a capacidade.

Domingo 2 de xuño de 2024

Actividade: XVII Concentración Moteira Cidade de Narón e XII Xornadas de Turismo Activo Hora: Dende as 10:00 e clausura ás 16:00 Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …