Fene contratará en xullo a cinco persoas con cargo ao PEL

O Concello de Fene contratará no próximo mes de xullo un total de cinco persoas con cargo ao Programa PEL 2024, financiado pola Deputación da Coruña.

Catro destas persoas serán peóns que se integrarán nas áreas de obras e servizos para a realización de tarefas de mantemento de espazos públicos e/ou limpeza, mentres que a quinta persoa será un administrativo vencellada ao arquivo e biblioteca.

Logo da publicación do proceso selectivo no BOP, o Concello de Fene tramitará ante a oficina de emprego de Ferrol (Esteiro) as ofertas de emprego. Como requirimentos, as persoas a contratar deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados nas categorías de peón de obras públicas (código 96011029) ou empregada administrativa de arquivos e bibliotecas (código 42101011).

Cristina García, concelleira de formación e emprego de Fene, avanzou que estes contratos terán unha duración de seis meses a partir da súa sinatura, e puxo en valor este programa para “ofrecer unha oportunidade de emprego a cinco persoas ao tempo que contribúe a mellorar os servizos prestados polo Concello de Fene”.

As persoas que desexen obter máis información poden dirixirse á Área de Formación e Emprego “Pancho Allegue”, na praza do Alcalde Ramón José Souto González; no teléfono 981 492 767 ou no correo electrónico orientacion.laboral@fene.gal.

Lea también

Neda retoma los talleres de memoria y mentes activas

El Ayuntamiento de Neda retoma a partir del 16 de septiembre su programa de actividades …