Unha unidade móbil de ADOS desprázase a Narón a vindeira semana

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro martes e mércores na cidade, concretamente nas inmediacións do novo centro de saúde de Narón.

O vehículo permanecerá operativo durante as dúas xornadas en horario de mañá, de 9.30 a 14.30 e tamén pola tarde, de 15.30 a 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Dende ADOS informouse que as persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …