Se ultiman os preparativos da II edición de «As Pontes Ecuestre»

Aberto o prazo de matrícula, gratuíta, nas diferentes probas da cita, que organiza o Club Hípico Prado Ventura coa colaboración do Concello de As Pontes a Federación de Hípica.

A segunda edición de “As Pontes Ecuestre” xa ten data. Celebrarase o domingo 9 de xuño na extraordinaria contorna do lago.

O Club Hípico Prado Ventura asume este ano as rendas da organización do evento, no que colaboran o Concello de As Pontes, a través da concellería de Deportes, e a Federación Hípica Galega.

A cita acollerá varias competicións e probas: o Concurso de Saltos Territorial (CST) Derby de As Pontes, e sendas probas do Campionato Galego de Andadura e do Campionato Galego de Enganche, ademais dun torneo triangular de horseball.

Esta semana, e ata o 1 de xuño, a organización abría o prazo de matrícula nas diferentes competicións. Un trámite que debe realizarse directamente ante o comité organizador, o Club Hípico Prado Ventura, a través do teléfono 616 101 655.

No caso da proba de andadura, xinetes e amazonas poderán anotarse tamén a pé de pista, unhas horas antes do seu inicio.

Cabe destacar que a inscrición é de balde, co obxecto de favorecer a participación nun evento que arrincaba en 2023 con moi bo acollida por parte de xinetes e público, o que alentou a súa continuidade no calendario local.

Lea también

Continúa avanzando el plan de sendas dentro de las medidas autonómicas sobre seguridad vial

  La seguridad vial es una prioridad absoluta para el Gobierno gallego, puesto que se …