Seis centros educativos galegos premiados no VI Concurso de Podcasts-Radio na biblio

A Radio Galega, que colabora no concurso, difunde os traballos premiados de centros educativos de Cedeira, A Estrada, Malpica , Santiago,  O Rosal e Vigo. 

A Xunta de Galicia vén de recoñecer o traballo de seis centros educativos cos premios do VI Concurso de Podcasts-Radio na biblio, que cada ano homenaxea ao autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas e desta vez se centra na figura da escritora, filósofa, violinista e activista Luísa Villalta.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou 0 Centro Público Integrado Manuel Suárez Marquier do Rosal, que obtén dous premios (na modalidade de 5º e 6º de Primaria e na de 1º e 2º de ESO) para felicitalos polo seu traballo.

Os proxectos galardoados abordan aspectos biográficos e bibliográficos da autora homenaxeada, como o estímulo da lectura da poesía, a relación da literatura e a música ou as mulleres nas Letras Galegas e na literatura galega, entre outros. A relación de centros galardoados é a seguinte:

  • CEIP Milladoiro-Ed. Infantil. Malpica de  Bergantiños (A Coruña) con «Xogando con violinos».
  • CEIP Nicolás del Río-1º e 2º Ed. Primaria. Cedeira (A Coruña) con «Luísa Villalta. Veladas poéticas».
  • CEIP do Fox-.3º e 4º de Ed. Primaria. A Estrada (Pontevedra) con «Teoría do xogo».
  • CPI Manuel Suárez Marquier-5º e 6º de Ed. Primaria. O Rosal (Pontevedra) con «Luísa Villalta. Poesía e música».
  • CPI Manuel Suárez Marquier-1º e 2º de ESO. O Rosal (Pontevedra), con «Mulleres no Día das Letras Galegas».
  • IES Arcebispo Xelmírez I-3º e 4º de ESO. Santiago de Compostela (A Coruña) con «Luísa Villalta».
  • IES Arcebispo Xelmírez I- Bacharelato. Santiago de Compostela (A Coruña) con «Luísa Villalta». 
  • CMUS Profesional de Vigo- Outras ensinanzas . Vigo (Pontevedra) con  «Scherzo_RAP»

Cada centro premiado recibe un premio de 1.250 €, un 25% máis ca o ano pasado, que deberán destinarse a melloras na radio escolar ou actividades relacionadas ca mesma.

A Radio galega colabora, un curso máis, neste certame. Deste xeito, os traballos premiados serán difundidos a través da páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio. Ademais, o alumnado galardoado terá a oportunidade de visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela.

O concurso está dirixido aos 195 centros públicos participantes no programa Radio na Biblio, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, así como outros centros que traballan xa co laboratorio de radio como ferramenta pedagóxica, e enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) 2021/2025 de Bibliotecas Escolares.

Lea también

Renfe se suma al ‘Día Mundial de los Derechos Humanos’ con una campaña en trenes y estaciones de Galicia

Renfe se suma al ‘Día Mundial de los Derechos Humanos’, que se celebrará el próximo …