Se licitan en Ares catro postos do mercado municipal

De cara a dinamizar o mercado municipal de Ares, o Concello vén de aprobar as bases de licitación para a explotación de catro postos: os números 3, 6, 7 e 8, libres na actualidade. Toda persoa interesada na súa xestión ten dez días naturais, contabilizando dende este xoves 16, data da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), para achegar as súas propostas.

Deberanse presentar a través do Rexistro Xeral da institución aresán en horario de luns a venres ou, se é o caso, acreditando o resguardo correspondiente da remisión, xunto coa data de imposición de envío na Oficina de Correos, e anuncialo o mesmo día ó órgano de contratación.

Na solicitude, é imprescindible que se especifique a actividade que se pretende desenvolver no posto, que contará cunha concesión de 10 anos (7 con posibilidade de prorrogalos 3 anos máis).

No que atinxe aos prezos mensuais, as persoas adxudicatarias aportarán 30 euros ao mes, xunto co recibo anual do lixo e os importes correspondentes da auga (60 euros/ano) e da luz (118 euros/ano).

Asímesmo, estableceuse un canon de 1.500 euros pola totalidade dos 10 anos de concesión, efectuándose o pago no mes posterior á comunicación da resolución á persoa adxudicataria do posto municipal.

Lea también

As Somozas, galardoada con tres Flores de Honra no certame ‘Vilas en Flor Galicia’

O Concello das Somozas conseguiu, por segundo ano consecutivo, tres ‘Flores de Honra’ na súa …