Se doas sangue este xoves, te levas «un libro» de agasallo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agasallarán a todas as persoas que acudan a doar na xornada deste xoves 16 de maio, cun libro como xeito de conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano lembra a figura da poeta e ensaísta coruñesa Luisa Villalta.

ADOS quere agradecer a colaboración, un ano máis, do departamento de Cultura da Xunta, para poñer de manifesto o recoñecemento da sociedade galega aos doantes de sangue e celebrar unha data especial no que os galegos e galegas lembramos ás figuras máis salientables da nosa rica literatura.

 

Lea también

Ferrol destina dos nuevas subvenciones culturales a la SAF y al Campus de Ferrol

Ferrol ha aprobado dos nuevas subvenciones nominativas en el área de Cultura para el año …