Narón acolle a XVI “Liga Atlántica Billarda 23-24”

O paseo marítimo de Xuvia será, por terceiro ano, escenario dunha das xornadas, neste caso a décimo sexta, da “Liga Atlántica Billarda 23-24”.  O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recordou que o Concello colabora neste evento, organizado polo Club APB A Laracha, entre cuxos integrantes hai veciños de Narón, e a Federación Galega de Deportes Autóctonos.

A Liga disputarase no paseo de Xuvia a partir das 11:00 horas.

O presidente do Club APB A Laracha, Roi Rey, explicou que participarán na convocatoria unha media de 65 persoas nas diferentes categorías: absoluta, feminina, masculina, infantil e por equipos.

Rey asegurou que a convocatoria, que se celebrou nos anos 2021 e 2022 en Narón, se concebiu a modo de “transmitir este deporte galego a todas as xeracións que non o desfrutaron” e indicou que actualmente no club teñen xogadoras e xogadores de entre 5 e 80 anos de ata tres xeracións diferentes: avós, fillos e netos.

O edil de Deportes destacou a importancia de que “dende hai uns anos a billarda se considere un deporte federado, co que iso supón de cara a fomentar e manter un dos xogos máis populares de Galicia, permitindo poñelo en valor”.

Santalla animou ós veciños a achegarse a Xuvia o domingo para desfrutar desta competición.

Lea también

Jugadoras del Baxi Ferrol se hicieron las analíticas de inicio de la temporada en el «Ribera Juan Cardona»

Las jugadoras del Club Universitario de Ferrol, también conocido como Baxi Ferrol, han pasado estos …