Actividades organizadas pola Casa do Mel con motivo do Día Internacional da Abella que se celebra o 20 de maio, desde o ano 2017, coincidindo coa data do nacemento de Anton Janša, quen no século XVIII foi pioneiro nas técnicas modernas de apicultura no seu país natal, Eslovenia.
Unha data que ten como obxectivo chamar a atención da poboación mundial e dos políticos sobre a importancia de protexer ás abellas, lembrar que dependemos das abellas e outros polinizadores, protexer ás abellas e a outros polinizadores para contribuír de forma significativa a resolver os problemas relacionados coa subministración de alimentos mundial e eliminar a fame nos países desenvolvidos así como deter a perda de biodiversidade e a degradación dos ecosistemas, e dese xeito contribuír ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.