Dez centros de ensino premiados no XXIV Certame de Poesía e Imaxe

Os traballos están expostos no Centro Cultural Carvalho Calero en Ferrol.

A concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, Patricia Cons, entregou os premios do XXIV Certame de creación artística Poesía e Imaxe, En galego, sen filtro, organizado por esta área en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

O certame está dirixido a todos os niveis do ensino non universitario: educación infantil, 1º,2º e 3º de Educación Primaria, 4º,5º e 6º de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Nesta edición resultaron seleccionados traballos artísticos de 13 centros de ensino (12 de Ferrol e un de Valdoviño) e un total de 56 alumnos así como dúas obras de carácter colectivo de educación infantil.

Os centros aos que pertence o alumnado premiado son CEIP Ponzos, CEIP Isaac Peral, CEIP Juan de Lángara, CEIP A Laxe, CPR Ludy, CPR Belén, CEE Terra de Ferrol, CPI Atios e os IES Sofia Casanova, Concepción Arenal, Saturnino Montojo, Canido e Ferrol Vello

O Concello de Ferrol ten entre as súas prioridades a realización de actividades de dinamización lingüística axustadas ao recollido no Plan de normalización lingüística e que están dirixidas especialmente ao sector da mocidade e o ensino, co obxectivo de potenciar un maior uso do galego entre os mozos.

Unha delas é este certame no que o alumnado elabora manifestacións artísticas visuais ou audiovisuais que reflicten diversas pezas líricas da literatura universal. Entre os textos seleccionados pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, figura unha mostra da obra de Luísa Villalta a quen se lle dedican as Letras Galegas do ano 2024.

Lea también

El parque del Montón se recupera como espacio de disfrute

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, realizó una visita en la mañana de este …