A Deputación destina 414.000€ á mellora da DP 7603 en San Sadurniño

A Deputación da Coruña aprobou na sesión plenaria ordinaria do pasado mes de abril a execución do proxecto de mellora da capa de rodaxe na DP 7603 en San Sadurniño, que conta cun orzamento de 414.033 euros dentro do Plan de Conservación de Estradas Provinciais.

A actuación, que hoxe se publica no BOP, realizarase desde a Feira de San Sadurniño ata o Coval, entre os PQ 0+300 e o PQ 4+200.

Realizarase a mellora da capa de rodaxe de dita estrada mediante a colocación dunha nova capa de mestura de bituminosa en quente a todo o ancho da calzada e das súas beiravías.

Previamente ás obras realizarase unha limpeza das beiravías e, ao remate, contémplase a reposición das marcas viais do eixo da estrada e das beiravías,  así como o repintado de símbolos e dos pasos de peóns.

Con esta obra mellóranse as infraestruturas básicas do Concello de San Sadurniño, facilitando os desprazamentos da veciñanza polo municipio.

O prazo para a execución da obra será de tres meses a partir do seu inicio.

Lea también

Una conductora accidentada al colisionar dos vehículos en Franza, Mugardos

Sobre las nueve y media de la mañana de este jueves, día 21, se registró …