As Pontes invite 110.000€ na mellora da seguridade viaria no Paraño

O Concello das Pontes investirá 109.346,76€, provenientes da Deputación da Coruña, nas obras de mellora da seguridade viaria no Paraño.

Este proxecto permitirá a rehabilitación estrutural e superficial do viario que dá acceso e servizo ao núcleo poboacional do Paraño, dotándoo dunha calidade óptima, eliminando a rasante do viario que na actualidade se atopa a cunha cota, en moitos casos, superior ao acceso ás vivendas existentes.

Así, procederase a rebaixar a cota da calzada para deixala por debaixo da entrada ás vivendas, reperfilaranse as marxes da calzada e as cunetas e executarase un novo firme, composto por grava artifical e formigón bituminoso.

Por outra banda, na parte dianteira das vivendas, onde o ancho o permita, executarase unha lousa de formigón nas marxes da calzada e á mesma cota que o viario, creando así unha zona peonil que servirá para alertar da posible presenza de peóns.

Nas zonas canalizadas colocaranse arquetas de sumidoiro para recoller a auga que circula entre o forxado de formigón e o pavimento asfáltico e ademais procederase á substitución dos servizos eléctricos e abastecemento que se puidesen ver afectados pola execución da obra. Os traballos rematarán coa reposición da sinalización horizontal e vertical.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …