A Sociedade Cultural Areosa de Narón, celebrou o día das Letras Galegas

A Sociedade Cultural Areosa celebrou este domingo pola tarde no Local Social de Piñeiros, en Narón, o día das Letras Galegas con lectura de poemas e a actuación do Coro Alegro Intermezzo e a Coral Areosa.

O festival comezou coa lectura de textos galegos da autora homenaxeada, Luisa Villalta, e doutros autores galegos para dar paso á actuación do Coro Alegro Intermezzo de Pontedeume e a Coral Areosa. A celebración remotou coa acostumada chocolatada e “queimada” para brindar pola nosa lingua.

Acompañounos a Concelleira Igualdade e Política Lingüística do concello de Narón, María del Carmen Lorenzo.

 

Lea también

El gimnasio Benygym de Narón brilla en el Open Nacional ISKA de Bilbao de Kickboxing

El gimnasio Benygym de Narón volvió a demostrar el excelente nivel de sus competidores tras …