Pontedeume acondiciona os accesos peonís a Breamo

O Concello de Pontedeume acondicionou e puxo a punto o acceso peonil a Breamo, cunha obra feita grazas a unha subvención con fondos europeos acadados polo grupo de goberno local.

“Realizáronse obras de mellora coa instalación dunha nova pasarela e dunha escaleira para mellorar a seguridade e a accesibilidade da zona, ademais das habituais tarefas de limpeza e desbroce”, explica o alcalde, Bernardo Fernández.

O remate dos traballos coincide coa celebración da romaría de San Miguel de Breamo o próximo mércores 8 de maio. Ademais, os alumnos do obradoiro de emprego ArtabroEmprende 4 realizaron actuacións de mantemento nas últimas semanas no roteiro peonil e na área recreativa de Breamo de cara á celebración da romaría.

Por estrada, o acceso á romaría realizarase como en anos anteriores de xeito que poidan circular dous vehículos subindo e baixando simultaneamente, e garantindo o acceso de vehículos de emerxencia en caso de necesidade.

Estará habilitado un espazo de estacionamento na beira esquerda ao final da estrada en sentido de subida

Lea también

Amplíase o Bono Activa Comercio con outros 2,5M€

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, invitou a sumarse á campaña do …