Este martes día 30 as concelleiras do BNG de Narón e os Deputados ao Parlamento Galego visitaron o CEIP A Solaina para coñecer as súas deficiencias estruturais, deficiencias que veñen reclamando desde a dirección do centro e as distintas ANPAS desde hai anos e que xa o BNG trasladou ao Parlamento Galego en distintas ocasión.
Según declara os representantes do BNG «Agora mesmo hai obras que son urxentes como o amaño do ascensor, que leva desde finais do curso pasado sen funcionar e hai nenos que o precisan; o cambio do tellado que aínda segue sendo de fibrocemento (uralita e amianto) e é o primeiro que tivo este centro que foi construído no ano 1982, un tellado con pingueiras na maior parte das estancias do centro; fiestras que non aislan e que xa non pechan ben; renovación da caldeira da calefacción… .Obras que levan anos demorándose sen ningún tipo de xustificación nin explicación por parte da Consellería».
O BNG informa no seu comunicado que «non se coñece previsión orzamentaria de ningún tipo para acometer estas obras por parte da Xunta de Galiza, nin tampouco noutros centros educativos do concello que tamén as precisan, como pode ser o CEIP de Xuvia, polo que o BNG presentará unha iniciativa no Parlamento instando á Xunta a pactar cos centros de Narón un plan de obras urxente».