ENCE presenta o proxecto da súa pranta de Fibra Reciclada en As Pontes

Segundo as previsións que manexa Ence, na primeira fase xeraranse 100 empregos directos e preto de 500 indirectos e a inversión estimada ascende a 125 millóns de euros.

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, xunto co director territorial de Ence Galicia, Antonio Casal, e a edil de Industria, Ana Pena, participaron este martes nun encontro con representantes do tecido empresarial, comercial e veciñal das Pontes no que se informou sobre o estado de tramitación da biopranta de producción de fibra branqueada reciclada e biomateriais que a empresa proxecta no parque de carbóns de Saa En verbas do alcalde das Pontes, “este tipo de convocatorias son a mellor maneira de dar a coñecer o proxecto á cidadanía, que saiban a situación administrativa na que se atopa e resolver todas as súas dúbidas”.

González Formoso calificou o encontro coma “un exercizo de transparencia necesario” e adiantou que está previsto que tamén se realice cos restantes proxectos industriais que escolleron As Pontes como escenario. O encontro mantido nas dependencias da Asociación Seara, serviu para coñecer o estado do calendario de execucion do proxecto, que xa conta coa concesión, para as súas tres fases, da licenza de uso de auga por parte de Augas de Galicia e está pendente dos últimos permisos do goberno autonómico para acometer a primeira das tres fases coas que conta a iniciativa: unha pranta de fibra recuperada e un proxecto piloto para a recuperación de fibras téxtiles.

En canto á previsión do inicio das obras, dende Ence estiman que éstas arrincarán o ano que ven, entrando en funcionamento para o 2027, namentras que en 2026 comezarían cos trámites administrativos e a solicitude de permisos para as dúas fases restantes. Segundo as previsións que manexa Ence, nesta primeira fase xeraranse 100 empregos directos e preto de 500 indirectos e a inversión estimada ascende a 125 millóns de euros. Asemade, este primeiro paso incluirá a posta en marcha dunha pranta piloto para a reciclaxe de fibras téxtiles cun proceso pioneiro co que se buscará empregar antigas fibras, tratalas e darlles unha vida infinita mediante unha tecnoloxía de vangarda, ao tempo que se aposta polo consumo mínimo de recursos naturais.

A isto sumarase a carga de traballo para o sector do transporte por estrada xa que se moverán 100.000 toneladas anuais de produto rematado, ademáis de 160.000 toneladas de materias primas e, por suposto, todo tipo de mercadorías e suministros para a futura pranta eléctrica de 50 Mws de potencia eléctrica que incluirá a segunda fase do proxecto, cunha inversión asociada de 155 millóns de euros, namentras que a terceira fase do complexo: unha pranta de papel tisue suporá 75 millóns de euros máis de inversión.

O complexo de Ence quedará ubicado no parque de carbóns de Saa, nunha parcela de 460.000 m2, propiedade de Endesa, e implicará unha inversión total de 355 millóns de euros, cunha xeración de emprego directo e indirecto dunhas 1.200 persoas.

Por outra banda, Antonio Casal apuntou que a compañía contará para posta en marcha deste proxecto con proveedores locais e tamén con man de obra local, avanzando que está previsto a execución dun plan de formación que permita a contratación de persoal das Pontes.

Colaboración de Concello e Empresarios
Tras dar resposta a varias preguntas dos asistentes e poñer punto e final a este acto, tanto concello das Pontes e coma a Asociación Seara prestaron, unha vez máis, toda a súa colaboración a Ence para dar vida a este proxecto, un respaldo que o propio Antonio Casal quixo agradecer xa que, segundo explicou, dende que este iniciativa deu os seus primeiros pasos o Concello das Pontes e todos os axentes locais estiveron ahí, facendo que se sentisen coma na súa propia casa, coma uns veciños máis.

Lea también

San Sadurniño otorga ás familias preto de 23.500€ en axudas ao estudo

23.496,20€, importe total que o Concello de San Sadurniño distribuíu en forma de axudas entre …