A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel Toimil, inauguran este martes 30 de abril, ás 10:15 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, unha xornada sobre xordocegueira organizada pola Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF Ferrolterra) en colaboración co Concello de Ferrol, coa Universidade da Coruña, a través do Programa UDC Saudable, coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e co Centro Integrado de Formación Profesional Ánxel Casal – Monte Alto da Coruña.
A presentación da xornada sobre xordocegueira correrá a cargo da profesora do CIFP Ánxel Casal – Monte Alto, Yolanda Pérez Modelos.
Ao longo da mesma, intervirá o alumnado do Ciclo Superior en Mediación Comunicativa deste centro formativo da Coruña. Ás 12:45 horas terá lugar o acto de clausura da xornada promovida por AXF Ferrolterra da man concelleira de Política Social e Inclusión, Rosa Martínez Beceiro.