Prazo de preinscripción do PAI As Viñas, Cabanas

Desde o 1 ao 15 de maio de 2024 permanecerá aberto o prazo para presentación da preinscrición no Punto de Atención á Infancia As Viñas (PAI As Viñas) para o curso 2024/2025, cuxa oferta provisional de prazas é a seguinte:

0-1 años: 4 prazas
1-2 años: 6 prazas
2-3 años: sen prazas
 
As devanditas solicitudes deberán presentarse de maneira preferente no Rexistro da Sede Electrónica do Concello de Cabanas ou, de non ser posible, no Rexistro Xeral do Concello en horario de oficina. Xunto a solicitude, deberá achegarse a seguinte documentación segundo a situación de cada unidade familiar:
 
Libro de familia (se non se ten, certificado de nacemento e matrimonio, se procede).
 
DNI das persoas proxenitoras ou representantes legais.
 
Declaración do IRPF ou certificado de exención do ano 2022.
 
Tarxeta do INEM ou nómina, no caso de estar en activo.
 
Certificación positiva ou negativa de percepción económica do INEM (no caso de situacións de desemprego).
 
Certificado de ingresos por pensións nacionais ou estranxeiras emitido polo organismo pagador (de ser o caso).
 
Certificado de discapacidade ou médico de enfermidade (de ser o caso).
 
Pagamentos fraccionados dos profesionais autónomos (de ser o caso).
 
Sentenza que acredite a nulidade matrimonial, separación ou divorcio (de ser o caso).
 
Certificado de empadroamento, no caso de non corresponder ao Concello de Cabanas.
 
O PAI As Viñas é un centro diurno de titularidade municipal que depende da Área de Servizos Sociais que ten como finalidade prestar atención de apoio a nenas e nenos de entre 4 meses ate 3 anos, co fin de facilitar a conciliación persoal, familliar e laboral das familias. Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar coa área de servizos sociais no 981495959 (ext. 6 ou 2) ou no correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal
 
Enlaces de descarga:
 
Solicitude de preinscrión: solicitude preinscrición
 
 

Lea también

Valdoviño acoge la jornada informativa «La Administración cerca de ti»

La Biblioteca Municipal de Valdoviño acogió este lunes 20 la jornada informativa «La Administración cerca …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *