As Pontes participa no III Congreso Ibérico Bandeira Azul en Praias Continentais

A concelleira de Turismo de As pontes, Elena López, participou este venres 26 nunha mesa redonda sobre casos de éxito na mellora da calidade ambiental, coa ponencia sobre a transformación dun recurso medioambiental: da minería á biodiversidade no terceiro congreso ibérico de bandeira azul celebrado en Navarrés (Valencia) organizado pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), en colaboración coa Asociación Bandera Azul de Europa (ABAE-Portugal).

Elena López durante a súa intervención, que compartiu mesa cos representantes municipais de Talarrubias (Badajoz) Herrera del Duque (Badajoz) e Reguengos de Monsaraz (Portugal) fixo un pequeno recorrido polo proceso de transformación do oco mineiro en lago.

A continuación afondou nos principais rasgos medioambientais do espazo dando a coñecer os principais datos do inventario ambiental elaborado durante o ano 2022 que concluíron coa elaboración de dúas audioguías ambientais que teñen como obxectivo dar a coñecer a diversidade do lago e a súa contorna e promover a súa promoción e coidado.

Así mesmo, Elena López fixo fincapé na importancia deste encontro que “non só nos permite dar a coñecer o traballo e a experiencia das Pontes na xestión e mantemento dunha praia interior con bandeira azul senón tamén coñecer outros exemplos, algúns con máis de 20 anos de traxectoria, dos que aprender”

III Congreso Ibérico de Bandeira Azul en Praias Continentais

A localidade valenciana de Navarrés acolle os días 25 e 26 de abril o III Congreso Ibérico Bandeira Azul en Praias Continentais.

Este congreso ten como obxectivo impulsar espazos de gran interese medioambiental e turístico sostibles e contou con destacados ponentes para abordar temáticas relacionadas coa calidade das augas continentais, os criterios para a obtención da Bandeira Azul, entre outros e todo o relativo a infraestruturas, accesibilidade, servizos, educación ambiental, seguridade e socorrismo.

Lea también

Ortigueira, galardonada en el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’

El Concello de Ortigueira ha sido reconocido con el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’, un …