O teatro Jofre acolle en Ferrol a estrea de «Nortear»

As entradas están xa á venda na billeteira do teatro Jofre e en Ataquilla desde cinco euros.

A dramaturga e directora Helena Salgueiro, fundadora da compañía Columna Balteira, estrea este sábado ás 20:30 horas no teatro Jofre Nortear, onde o espectral mestúrase co real, o político mestúrase co onírico, e o etnográfico co poético.

Un grupo de mulleres habita un espazo baleiro do Norte. Perdidas nun compás e hipnotizadas polo mar, os corpos das mulleres transitan, danzan e traballan infinitamente buscando un punto no que ancorarse.

Nortear é un proxecto escénico para cinco intérpretes en escena cuxo equipo artístico é integrado na súa totalidade por mulleres galegas, belgas e xaponesas, que pescuda o traballo físico no mar das mulleres galegas entendido como unha coreografía cunha estética vangardista, experimental e anovador, unha peza sobre o traballo feminizado do mar que problematiza a idea de norte e da colonización.

É un proxecto de artes do corpo, facendo fincapé na danza, aínda que tamén se empregan textos e audios recollidos no proceso de investigación etnográfica. A peza tamén atende a cuestións de actualidade, como o colapso climático, as migracións do sur global e o desprazamento des refuxiades.

Nortear non só é un proxecto escénico artísticamente innovador, senón tamén accesible, sostible e comunitario. A súa capacidade para xerar audiencias diversificadas, a eficiencia no uso de recursos e a súa visión a longo prazo de contacto coa comunidade e os territorios fan do proxecto un referente no panorama cultural contemporáneo galego. 

A duración aproximada deste concerto é de 80 minutos, e as entradas poden adquirirse nas billeteiras do Jofre, e na web de Ataquilla.

Lea también

SCRD Agarimo de Sillobre, Fene, acolle a función teatral Dous no camiño (A lenda Xacobea)

A SCRD Agarimo acolle este sábado 17 de outubre, ás oito do serán, a función …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *