Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este venres, día 26, na cidade. O vehículo permanecerá estacionado nas inmediacións do edificio do xulgado de
paz, en Xuvia, e permanecerá operativo en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas, tal e como indicaron dende ADOS.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e se van despois de xantar ao mediodía, terán que esperar dúas horas para poder facelo. Así mesmo, será preciso levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Para consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles pódese chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

Los bomberos de Narón sofocaron un incendio en la urbanización Las Torres

Cerca de las cuatro y media de la tarde de este martes, día 17 saltaron …