Axenda cultural desta fin de semana en Cabanas

Venres 26

Ás 16.30h na Casa da Cultura (Escola Laica) haberá unha nova sesión do Club de Lectura, contarán coa presenza de Miguel Conde-Lobato, autor da última lectura proposta pola animadora cultural e actividades recreativas: Palabras malditas, publicada o ano pasado.

Coa súa inconfundible marca de ritmo frenético e orixinalidade, o autor ambienta a súa nova novela na súa Galicia natal, dotando ao pobo imaxinario de Estela dos encantos da rexión e dos pesadelos daqueles lugares pequenos nos que todos confían (tal vez demasiado), ata que deixan de facelo.

Sábado 27

Ás 10.30h Obradoiro formativo do Grupo C.A.S.A. no Apeadoiro de Cabanas. Este é un grupo de mozos que se reúnen no IES Breamo co fin de representar e dar voz aos intereses e inquietudes da mocidade de Cabanas e Pontedeume.

Co fin de chegar a máis adolescentes, desde a organización do grupo C.A.S.A. abrirase un espazo dirixido a calquera moza ou mozo a partir dos 12 anos para relacionarse con outras persoas iguais centrándose nos intereses, gustos e inquietudes dos compoñentes do grupo.

Este espazo de convivencia enmárcase no Programa de prevención de conductas adictivas que comparten os concellos de Cabanas e Pontedeume e que está subvencionado pola Xunta de Galicia

Domingo 28

Ás 10.00h Andaina á Capela (Mirador granito do Eume). Saída dende o Mesón O Pazo (lugar do Pazo, A Capela).

Con dúas opcións de percorrido, un principal de 12 kms e outro curto de 3+2 kms. Despois haberá xantar no Mesón O Pazo. Prezo 18€ para persoas socias e 22€ para non socias. A data límite para apuntarse é o mércores nos teléfonos Luis: 686 96 26 50; Roberto: 626 34 38 85; Manolo: 609 09 70 37.

Ás 11.00h Torneo de Billarda no Piñeiral de Cabanas (antigo campo de fútbol). Nesta nova edición, a 15ª xornada, terá lugar a proba da Liga Atlántica de Billarda 2023-2024.

Lea también

O Pazo de Mariñán acolle unha nova edición das xornadas ‘A cultura é un dereito’

O Pazo de Mariñán acolle este venres 22 unha nova edición das xornadas de “A …