Esta fin de semana desprazáronse ata Badaxoz un total de 23 atletas universitarios galegos para tomar parte no Campionato de España Universitario da que se regresaba cun total de cinco medallas e once postos de finalistas.
O máis salientable foron os títulos logrados pola olímpica e plusmarquista de España Belén Toimil (UCAM) quen aproveitaba moi ben esta proba para acadar a mellor marca da tempada con 17.73 m. e ravalidar o título do ano pasado No mesmo concurso, excelente terceiro posto para Xiana Lago, da Universidade de Vigo, quen tamén melloraba a súa marca do ano con 13.62 m.
Continuando cos lanzamentos, claro dominio de Carmen Sánchez do (UCAM) no concurso de xavelina quen defendendo a medalla de ouro do 2023, lanzaba no quinto intento ata os 49.96 m.
A universidade de Vigo seguía colleitando bos resultados, desta ocasión era Jacobo Soler quen corría os 400 m. cun crono de 47.18 que lle daban o subcampionato universitario mellorando o bronce da pasada edición.
O cuarto dos metais chegaron nos 100 valos sobre os que Uxía Pereira (Universidad Europea) era capaz de rematar en 13.82 que lle permitían acceder ao terceiro posto do podio . Por último, a Universidade da Coruña estreaba medalleiro da man de Pablo Tomé logo de lograr a medalla de bronce sobre a proba raiña da velocidade cun excelente crono 10.67.
A maiores foron tamen destacados os postos de finalistas logrados por Paula Piñón (UDC) 4ª en xavelina; Carlos Revuelta (U.Europea), 4º en martelo; Hugo García (USC) 4º nos 3.000 Obstáculos e 7º nos 1.500 m; Ariadna Gil (USC), 5ª en triplo; Alba Pérez (USC), 5ª en 5.000 marcha; Xabier Lires (UDC), 5º nos 400 valos; Raúl Cortizo (U. de Vigo) 6º lonxitude; María Fernández (U.León) 6ª nos 800 m.; Fernando Vallines (U. de Vigo) 7º en peso; Andrea Pais (U. de Vigo), 7ª nos 200 m..