As Pontes renova os convenios con Aspanaes e a Residencia A Magdalena

O Concello das Pontes renovou este lunes 22 os convenios de colaboración con Aspanaes e a residencia A Magdalena para continuar co programa educativo dirixido ao alumnado con perfil abstentista da vila.

A concelleira de Educación, Tania Pardo apunta que «con este programa, posto en marcha o ano pasado, tratamos de ofrecer un apoio os centros educativos, familias e alumnado, no proceso de expulsión e o absentismo escolar. Esta iniciativa, con grandes resultados o curso pasado, seguirá a ofrecer un acompañamento no proceso de expulsión que deixa un baleiro na conciliación familiar e no acompañamento socioeducativo.»

O programa ten como obxectivo prioritario que o alumnado adquira coñecementos educativos e valores sociais que leven á modificación da súa conduta no centro educativo, valorando a súa formación e ofrecendo un apoio aos centros de ensino e ás familias.

Os centros educativos de secundaria do municipio poderán derivar ao alumnado con perfil abstentista ao programa de atención educativa á infancia e á adolescencia no que se lles ofrecerá apoio socioeducativo.

O alumnado acudirá, dous días á semana, ás actividades do programa en horario lectivo para realizar diversas tarefas educativas impostas polos centros educativos e as entidades sociosanitarias colaboradoras acollerán un día á semana ao alumnado derivado, quen realizará tarefas de voluntariado baixo a supervisión do persoal do centro.

Lea también

Primeros ganadores de la campaña “En Valdoviño… adelantamos la Navidad”

La campaña de dinamización del comercio local «En Valdoviño… adelantamos la Navidad» ya tiene sus …