Atletas galegos participan no campionato de España Máster de 5K

Chegados prácticamente ao último treito do mes de abril, siguen desenvolvéndose as distintas probas de rango estatal que nos levan esta fin de semana (sábado 20) ata a localidade pacense de Don Benito, escenario da celebración do Campionato de España do 5 Km. Máster.

Ata alí acudrirán un total de catorce atletas na categoría masculina e sete na categoría feminina co obxectivo de estar na loita tanto polos postos importantes como na disputa pola dos metais.

Foto Federación Galega de Atletismo

Entre a relación de admitidos  figura a inscrición da campioa galega F45 do pasado 10K desenvolto en Xinzo de Limia, María Tarrio quen estará acompañada polos tamén campións galegos Marcelo Lanza na M50 e  José Suárez na M60 todos do  S.D. Compostela Atletismo

Na categoría F65, estarán sobre a línea de saída Mari Carman Rodríguez do S.D. Compostela e Begoña de Arriba do Egovarros, vixentes campioa e subcampioas galegas F65 de 10K sen esquecernos do bronce autonómico Rocío Díaz na F55

Foto Federación Galega de Atletismo

Por último tanto o trimedallista dos pasados mundiais de pista cuberta de Polonia Pablo Fervenza do Samertolameu na M70 como o plusmarquista mundial do relevo 4×800 m. indoor M65 Nemesio Gutiérrez do At. Friol, serán otras das bazas importantes galegas nesta edición.

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …