Cambio nas saídas previstas na «I Travesía de caiac de mar Concello de Narón»

Ante a previsión de condicións adversas, por vento, na xornada do domingo día 21 informan desde O Concello de Narón que as dúas saídas previstas para a «I Travesía de caiac de mar Concello de Narón» se realizarán dende o pantalán de Xuvia, anunlándose a prevista dende Curuxeiras.

Os participantes na convocatoria sairán ás 15:00 e ás 16:30 horas de Xuvia, realizando as distancias previstas en cada percorrido pola ría de Xuvia, con saída e chegada nese punto.

O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentaba este mércores co presidente do Club de Piragüismo NarónÓscar Niebla, a “I Travesía de caiac de mar Concello de Narón”, que se celebrará este domingo 21 na que participan preto de 200 palistas.

Trátase dunha competición organizada polo Concello de Narón, o Club de Piragüismo Narón e a Federación Galega de Piragüismo que será puntuable para a Liga Galega de caiac de mar.

O presidente do club local avanzou que participarán na convocatoria uns 200 palistas procedentes de clubs de diferentes localidades galegas. Na xornada disputaranse dúas regatas, unha con saída ás 15:00 horas, dende Xuvia (tras o cambio anunciado que anula a saída anunciada inicialmente dende curuxeiras), duns dez quilómetros, e a segunda con saída ás 16:30 horas tamén na zona de Xuvia, onde percorrerán un circuíto duns cinco quilómetros nas categorías cadetes e superiores.

As modalidades que se disputarán son as de surf skitradicional (caiac) e sup paddle e participarán preto dunha decena de palistas do Club de Piragüismo Narón.

O edil de Deportes naronés agradeceu na presentaación o labor do club local, ao que desexou moita sorte na liga autonómica, e convidou á cidadanía a acudir a esta competición para animar ás persoas que participarán na mesma.

Lea también

Las actividades deportivas de Valdoviño Saludable darán comienzo la próxima semana

Cerca de 250 vecinos de todas las edades formalizaron su inscripción en la programación diseñada …