Concello de Narón e AGA Ferrolterra organizan charlas sobre a avespa asiática

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Narón organizan unhas charlas dirixidas á veciñanza sobre a campaña “Stop avespa asiática”.

Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, que avanzou que unha das convocatorias terá lugar este sábado 20, no local social da AVV Os Irmandiños, na parroquia do Val, ás 11:30 horas.

A vindeira sesión terá lugar o mércores da vindeira semana, día 24, no local social da Sociedade Cultural Deportiva A Pombiña, en Pedroso, ás 19:30 horas.

As convocatorias, baixo o lema “Raíña cazada, niño evitado”, complementan ás sesións que se levan a cabo nos centros de ensino da cidade para explicar a importancia de colocar trampas cerca das vivendas para capturar ás raíñas e evitar a proliferación desta especie invasora.

Así mesmo, profesionais de AGA explicarán cal é o mellor método para capturalas e como realizar unha trampa e un atraínte para as avespas asiáticas.

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …