A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra AXF vai realizar unha xornada de sensibilización sobre a xordocegueira, para dar a coñecer a comunicación das persoas xordocegas, que incluirá unha parte practica onde os participantes poderán coñecer de primeira man como é a comunicación deste colectivo, á mesma vez poñer en valor o papel dos voluntarios nas entidades de ámbito social.
Esta xornada será o 30 de abril de 10:00 a 13:00 no salón de actos Concepción Arenal do Campus Universitario de Ferrol, impartida polo alumnado do Ciclo Superior de Mediación Comunicativa do C.I.F.P. Ánxel Casal – Monte Alto (Coruña).
O programa da xornada
10:00 – Apertura da xornada
10:15 – Inauguración Institucional
Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social: Ana Isabel Pernas Ares Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: Cristina Pichel
10:45- Presentación da Xornada
Profesora do C.I.F.P. Ánxel Casal – Monte Alto: Yolanda Pérez Modelos
11:15 – Exposición teórica sobre a xordocegueira
Alumnado do C.S. de Mediación Comunicativa
11:45 – Práctica con actividades sensoriais
Alumnado do C.S. de Mediación Comunicativa
12:45 – Clausura da Xornada
Concelleira de Política Social e Inclusión do Concello de Ferrol: Rosa Martínez Beceiro
Contacto whatsapp 604 07 02 52 para asistir
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolerra (AXF), entidade de carácter comarcal, declarada de Utilidade Pública; representa á comunidade xorda desde 1972, como único recurso específico para persoas xordas na comarca de Ferrolterra, procurando a eliminación das barreiras comunicativas que dificultan o seu pleno desenvolvemento, ademais de proporcionar os servizos necesarios para lograr a maior calidade eautonomía posíbel.