A comisión de festas de Santa Isabel en San Sadurniño organiza un xantar popular

O evento terá lugar no patio cuberto do CPI de San Sadurniño con sesión vermú, comida a base de paella e churrasco e despois, ao longo da tarde haberá troula musical 

As festas patronais de San Sadurniño celebraranse nos primeiros días de xullo despois de catro anos sen elas. 

A comisión, anunciada a principios de ano, traballa na recadación de fondos para un regreso soado de Santa Isabel, que se sumará a outras citas estivais xa confirmadas, como son o San Paio e o San Cristovo en Ferreira, o San Roque en Naraío, a Santa María-San Pipote de Bardaos e o Biscordel en Igrexafeita. Festas todas elas que ou ben xa organizaron ou ben van organizar tamén xantares populares

De feito, de cara a este mes, o sábado 27, haberá en Amido -Igrexafeita- o xantar popular do San Marcos (para financiar o Biscordel) e tan só unhas semanas despois, o venres 17 de maio, tocaralle a Ferreira celebrar na explanada do San Cristovo o seu tradicional encontro veciñal arredor da mesa, co que tamén se financiará o San Paio de finais de xuño e o San Cristovo de principios de xullo.

No caso da comida a prol de Santa Isabel, a data elixida é o sábado 4 de maio. Máis en detalle, o menú estará composto por un primeiro prato de paella, logo churrasco a fartar e, como remate, sobremesa, café e un licor. O prezo xeral é de 30€ e a rapazada menor de 10 anos xantará gratis. A comisión anotará reservas até o día 2 de maio a través dos teléfonos 697 392 693 (Rubén), 630 288 080 (Cobelo) ou 627 207 750 (Darío).

Antes do xantar está prevista unha pequena sesión vermú animada por un grupo musical, ás 15:00h servirase o xantar e despois da sobremesa e os sorteos habituais volverá a música, que seguramente estire a troula ata ben entrada a noite.

Lea también

As Pontes mejorará la red de saneamiento en su casco histórico

El Ayuntamiento de As Pontes ha previsto acometer la mejora de la red de saneamiento …