Preto de 200 palistas participarán o domingo na “I Travesía de caiac de mar Concello de Narón”

O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou co presidente do Club de Piragüismo Narón, Óscar Niebla, a “I Travesía de caiac de mar Concello de Narón”, que se celebrará este domingo 21 na que participan preto de 200 palistas.

Trátase dunha competición organizada polo Concello, o Club de Piragüismo Narón e a Federación Galega de Piragüismo que será puntuable para a Liga Galega de caiac de mar.

O presidente do club local avanzou que participarán na convocatoria uns 200 palistas procedentes de clubs de diferentes localidades galegas. Na xornada disputaranse dúas regatas, unha con saída ás 15:00 horas, dende Curuxeiras ata Xuvia, duns dez quilómetros, e a segunda con saída ás 16:30 horas xa na zona de Xuvia, onde percorrerán un circuíto duns cinco quilómetros nas categorías cadetes e superiores.

As modalidades que se disputarán son as de surf ski, tradicional (caiac) e sup paddle e participarán preto dunha decena de palistas do Club de Piragüismo Narón.

O edil de Deportes naronés agradeceu o labor do club local, ao que desexou moita sorte na liga autonómica, e convidou á cidadanía a acudir a esta competición para animar ás persoas que participarán na mesma.

Lea también

Valdoviño suspende toda actividad deportiva en el exterior

Ante las adversas previsiones meteorológicas para mañana, con rachas de viento que pueden alcanzar los …