Xa se poden adquirir as entradas para a zona camper do Gulliver Fest de Narón

O evento celebrarase os días 9, 10 e 11 de agosto na zona da área recreativa de Pedroso e as entradas para a zona camper e glamping poden reservarse dende hoxe a través da web: furgogalicia.org.

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron este martes xunto con Ángel Sánchez e Martín Vázquez, da Asociación FurgoGalicia, unha nova edición, a quinta, do festival da cultura viaxeira Gulliver Fest.

O Concello de Narón e FurgoGalicia organizan un ano máis este evento, que cada ano reúne en Pedroso a centos de persoas chegadas de varias comunidades que veñen a Narón a desfrutar do festival e coñecer os diversos recursos turísticos da cidade.

Concertos, obradoiros, actividades deportivas, un espazo de lectura e as xa habituais e exitosas charlas viaxeiras, nas que se coñecen en primeira persoa as vivencias e historias de persoas que viaxan polo mundo nas súas furgonetas.

As tarifas establecidas tanto para as furgonetas, caravanas… así como para a zona glamping teñen uns prezos que oscilarán segundo a tempada, establecéndose os máis baixos para aquelas persoas que os adquiran os tickets do 15 de abril ao 15 de xuño, con lixeiros incrementos posteriormente.

Dende a organización animaron á veciñanza asitir a esta nova edición, cuxo programa se dará a coñecer nunhas semanas e que se publicará tamén na web: www.gulliverfest.es 

Lea también

Afundación abre «Simultánea», unha exposición que mostrará 350 obras da súa colección de arte

Afundación, a Obra Social de ABANCA, abre este mércores 9 ao público o proxecto expositivo …