O 20 de maio daranse a coñecer os gañadores do II Concurso de BD de Humor Demo Pequeno

Na recta final do prazo estipulado para a presentación de debuxos, o Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial avanzan as datas nas que se reunirá o xurado e se dará a coñecer o fallo do II Concurso de BD de Humor Demo Pequeno.

A coordinadora do museo fenés, Almudena Marcos, o responsable da editorial coruñesa, Manel Cráneo, e os debuxantes Inés Vázquez e Víctor Boullón formarán o xurado desta segunda edición do certame que convocan o Concello de Fene, a través da concellería de Cultura, e Demo Editorial.

En primeiro lugar, o xurado reunirase o xoves 9 de maio para avaliar os debuxos presentados ao certame (cuxo prazo finaliza o 30 de abril) para logo dar a coñecer o fallo na xornada do luns 20 de maio, coincidindo coa conmemoración do Día dos Museos.

O anuncio realizarase a través da páxina web e redes sociais do Museo do Humor Xaquín Marín, Demo Editorial e medios de comunicación.

O premio Demo Pequeno convócase co obxectivo de “achegar aos escolares galegos ao mundo da banda deseñada, fomentando a súa creatividade dende unha perspectiva humorística”. Trátase, polo tanto, “dunha aposta en firme polas novas xeracións e polos futuros creadores”.

O certame vai dirixido a mozos de 8 a 16 anos que poden participar a título individual ou por equipos de dúas persoas (guionista+debuxante). Nesta segunda edición contémplanse os seguintes premios:

Categoría Infantil (de 8 a 11 anos)

1er Premio, dotado con 100€ en metálico, un lote de libros de banda deseñada de Demo
Editorial, material de debuxo por valor de 75€ e diploma.

2º Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de
debuxo por valor de 50€ e diploma.

Categoría Xuvenil (de 12 a 16 anos)

1er Premio, dotado con 100€ en metálico, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 100€ e diploma.

2º Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 75€ e diploma.

Logo da xuntanza do xurado e do anuncio do fallo, a entrega de premios terá lugar na primeira quincena do mes de xuño, nas instalacións do museo fenés. Os traballos gañadores e finalistas (no caso de habelos) e unha selección dos presentados ao concurso figurarán na exposición que organizará o Museo do Humor Xaquín Marín nos meses de xuño-xullo deste ano.

O Xurado

Inés Vázquez. Autora de cómic e ilustradora. Estudou bacharelato artístico no IES Durmideiras da Coruña. Despois de pasar un ano estudando Comunicación Audiovisual na Coruña, apostou polo mundo da ilustración e os cómics e cursou tres anos na escola O Garaxe Hermético (Pontevedra).

Tras participar en diversos fanzines e colaborar en proxectos de ilustración, deu o salto ao mundo da animación facendo ilustracións preparatorias (layouts) para Lighthouse Studios (Irlanda). A súa primeira novela gráfica, Aldara: a lenda do cervo branco foi galardoada co Premio Follas Novas do Libro Galego 2022 Anteriormente, tamén acadara senllos segundos premios no certame Xuventude Crea, en 2016 e 2015.

Víctor Boullón. Naceu en Compostela en 1979. Estudou na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. Ten feito
traballos de deseño, carteis, portadas de libros e ilustracións para publicidade. É autor de Aleida,
cidade sen alma (Demo Editorial, 2015).

Lea también

Fene informa da próxima retirada do Punto de Información do SPEG

O Punto de Información do Servizo Público de Emprego de Galiza (SPEG), situado nas oficinas …