A Agrupación Instrutiva de Caamouco (Ares) organiza «A Festa da Horta»

Pequenos e maiores teñen unha cita o domingo 21 de abril na Horta de Quinín. A Agrupación Instrutiva de Caamouco AIC organiza a Festa da Horta, un evento educativo e de lecer co que se pretende dar vida á parcela e fomentar a implicación da veciñanza no seu desenvolvemento.

A Agrupación Instrutiva de Caamouco AIC organiza a Festa da Horta, un evento educativo e de lecer co que se pretende dar vida á parcela e fomentar a implicación da veciñanza no seu desenvolvemento. A xornada ten un carácter festivo e divulgativo. Todas as actividades son de balde con inscrición previa no 680 16 19 29.

O programa previsto contempla diversas actividades e xogos para toda a familia, para que os nenos  interactúen coa contorna coa axuda dos seus pais.

A xornada vai arancar ás 11 horas cun obradoiro de ‘Hoteis para insectos’. Cada un dos nenos que participen poderán construír o seu propio aloxamento para bechos, tomando conciencia da súa importancia no medio natural. A segunda proposta son os ‘Restaurantes para paxaros’, onde a rapazada poderá construír e decorar comedeiros para aves elaborados con materieis reutilizados. Cada neno poderá levar para a súa casa as súas creacións ao remate da xornada.

Logo dos obradoiros toda a rapazada en grupo participará na xincana ‘O tesouro de Quinín’, con diferentes probas en equipo para atopar a pista final que nos levará a descubrir o tesouro da nosa horta. ‘Os apeiros teñen a resposta’, ‘A mesa das follas’ ou ‘Amodo cos amorodos’ son algúns dos desafíos que terán que ir superando ata lograr o reto.

A Festa rematará cuns petiscos para todas as persoas que asistan e xogo libre para toda a rapazada.

Lea también

O Mercado das Pontes acolle unha degustación de productos da ría de Ferrol

O Mercado Municipal das Pontes acollerá este sábado 23 desde ás 11:00 ás 13:00 horas …