O BNG de Ferrol solicita «a retirada da instrución antigalego» do Goberno local

Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, diante da «instrución ditada polo goberno municipal de Rey Varela de empregar unicamente o español na publicación dos contratos que licite» afirma que «esta decisión do alcalde responde a un comportamento intolerable dun alcalde antigalego».

Para Iván Rivas «esta decisión non garante os mínimos dereitos dos galegofalantes e ademais se demostra que con esta actitude o goberno do PP non ten rubor en pasar por riba do escaso marco normativo que protexe estes dereitos vulnerados reiteradamente en Ferrol para impoñer o español como a única lingua de uso exclusivo no concello».

«Desde o BNG non imos tolerar estas actitudes e iniciaremos unha campaña de recollida de apoios entre a veciñanza e colectivos da cidade para exixir a retirada desta instrución e que levaremos ao pleno de fin de mes, ao cal convidamos a asisitir a todos e todas ás ferrolás co obxecto de poñer freo a as actitudes antigalegas dun goberno do PP antigalego».

Se adxunta o audio de Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol

Lea también

Tellado e Rey Varela inician a campaña do 29N desde Ferrol chamando á unidade para abrir unha nova etapa política con Feijóo

O candidato número 1 ao Congreso pola provincia da Coruña, Miguel Tellado, e o candidato …